PAZ

Quero novamente facer unha ofrenda de esta páxina, a todos aqueles que non teñen acceso a outros medios de comunicación. A miles de persoas que non teñen a posibilidade de expresa-la súa información ou opinión do que ocorre no seu círculo máis próximo ou nos confines do mundo; sobre o bo e o malo. Moitos dirán ¿pra que?. Pois o motivo sería para comunicarnos e se é posibel, facer causa común contra o que non sexa convinte para a humanidade, como por exemplo a GUERRA, veña de donde veña.

Esta páxina sempre tivo o ánimo de loitar pola PAZ, ou o que é o mesmo; en contra de todo tipo de guerras, dende as domésticas: todos coñecémolos tristes balances, ata as máis recentes de "liberación". Tamén polos Dereitos Humáns, entre eles os dos nenos; non podemos olvidar que diariamente son moitos os que morren de fame, ou sufren calquera tipo de explotación... así poderíamos enumerar unha serie de cuestións, que deberían avergoñarnos como persoas e que por cotiás, xa nos paresen normais.

Son moitos, os que envían información a Universal News de varios temas. Casi a diario, aparece alguén novo. O obxetivo principal de UN é que quen queira dende calquera rincón do mundo, e na súa lingua poida expresarse libremente e sen censura.

Co maior dsexo de PAZ

Juan Santaella